Servizos Somos especialistas en...

Este servizo axúdate a: 
Crear mapas e cartografía
Organizar os teus datos en xeodatabases
Recoller nova información xeográfica sobre o terreo
Xestionar, ordenar e planificar o territorio e os recursos urbanos

Xeración e tratamento cartográfico

Aplicamos a nosa experiencia na captura e actualización en campo de rutas, puntos ou áreas, recollendos, clasificandos, xeorreferenciando e almacenando información sobre o terreo apoiándonos en tecnoloxías GPS/GIS.

Deste xeito creamos inventarios masivos e xeolocalizados como primeiro paso para a implantación de ferramentas de xestión.

Traballamos con diferentes fontes cartográficas e de información mediante técnicas de dixitalización, fotogrametría e teledetección para captura de nova información tratándoa, metadatándoa e procesándoa para que poidas integralas facilmente nos sistemas de información xeográfica.

Algúns exemplos

Planificador de escenarios da Directiva Marco da Auga

Simulador da afección das cargas contaminantes nas masas de auga

Plataforma haiTransporte

Plataforma de planificación e xestión das liñas de transporte interurbán

Desourb

Plataforma para o cálculo e análise de indicadores territoriais da Eurorexión

Etapas, distancias e recursos xeolocalizados dos Camiños de Santiago

Mapa de Ruídos da liña de ferrocarril do Porto Exterior de Ferrol

Estudio de afección acústica e xeración de mapa de ruídos da liña de ferrocarril

Proxecto SIOSE- Galicia

Fotointerpretación de imaxes satélite para delimitación de usos do solo