Servizos Somos especialistas en...

Este servizo axúdate a: 
Crear webs con mapas
Deseñar rutas de sendeirismo e contido turístico para a súa difusión
Optimizar as túas rutas e xestionar flotas
Organizar os teus datos en xeodatabases
Publicar xeoportais de servizos, patrimonio, turismo...

Xeoportais e visores de mapas

Grazas ós xeoportais podes visualizar a túa información xeorreferenciada sobre un mapa.

A creación de xeoportais e visores de mapas permíteche xestionar e promocionar os teus recursos no territorio mediante sinxelas e atractivas interfaces, nas que teñen cabida todo tipo de elementos (áreas, rutas ou lugares).

As intuitivas interfaces de edición permiten unha autonomía total sobre os datos, podendo manter a información, engadir novos elementos e editar ou eliminar os existentes,  eliminalos, controlar a súa publicación, organizalos en categorías, etc.

Ademáis axudan a mellorar a eficiencia na xestión e administración da información xeoespacial dun territorio garantindo a identificación, integración, localización e acceso ós servizos que se pretendan en cada situación.

A variedade de produtos sobre os que se poden desenvolver os xeoportais garanten que se poidan adecuar a calquera marco tecnolóxico:

Algúns exemplos

Regala Arousa Norte

Plataforma de comercio electrónico de ocio e turismo

Xeorreferenciación e visor de recursos do Concello de Corcubión

Portal GIS do Solo Empresarial de Galicia

Xestión de polígonos empresariais e venta de parcelas industriais

Xeoportal das escolas galegas promovidas polos emigrantes

Xeovisor das infraestruturas culturais de Galicia

Plataforma para a coordinación e participación cidadá na defensa dos ríos