Servizos Somos especialistas en...

Este servizo axúdate a: 
Aplicar minería de datos e Business Intelligence a información espacial
Crear mapas e cartografía
Xestionar, ordenar e planificar o territorio e os recursos urbanos

Smart Geo

As estratexias de Smart City aglutinan de forma integrada as iniciativas orientadas a mellorar a calidade de vida, a sostibilidade e a xestión eficiente dos servizos, innovando en materiais, recursos e modelos usando tecnoloxía de forma intensiva. Unha das claves é conectar infraestructuras urbanas (transporte, enerxía, auga, xestión de residuos, telecomunicacións, etc) desde unha visión integral de todos os servizos da cidade, para conseguir eficiencias e información de valor ao cruzar datos provenientes de varios servizos. Estas estratexias poden aplicarse tamén a outros contextos (Smart Village, Smart Rural, etc).

Axudámosche, neste ámbito, a sacar partido da información e datos provenientes de redes de sensores, recollida en campo, participación cidadá, etc, de diversos modos:

  • Análise de datos para a obtención de coñecemento e apoio á toma de decisións.
  • Publicación da información obtida: xeoportais, mapas live, informes e gráficas.

Algúns exemplos

Plataforma haiTransporte

Plataforma de planificación e xestión das liñas de transporte interurbán

Portal GIS do Solo Empresarial de Galicia

Xestión de polígonos empresariais e venta de parcelas industriais

Plataforma para a coordinación e participación cidadá na defensa dos ríos

Servizo para crear e compartir mapas en Internet

Web de avistamentos, presenza e abundancia de aves nidificantes

Catálogos de Fontes de Auga Potable do Concello de Vigo

Sistema de consulta e alerta da potabilidade das fontes de auga en Vigo