Servizos Somos especialistas en...

Este servizo axúdate a: 
Crear mapas e cartografía
Elaborar mapas e servizos de toponimia
Optimizar as túas rutas e xestionar flotas
Organizar os teus datos en xeodatabases
Xestionar, ordenar e planificar o territorio e os recursos urbanos

Sistemas de Información Xeográfica

Os Sistemas de Información Xeográfica permiten o mantemento, xestión e explotación eficiente de datos xeolocalizados, resolvendo problemas complexos de planificación e xestión xeográfica.

As ferramentas GIS empréganse en diversos campos: investigacións científicas, xestión de recursos, avaliación de impacto ambiental, planificación urbana, cartografía, socioloxía, xeografía histórica e arqueoloxía, geomarketing, loxística, etc.

Xestiona e mantén a túa geodatabase, emprega ferramentas de edición e explotación GIS (ArcGIS, gvSIG, QuantumGIS...), publica as túas capas de datos xeográficos mediante un servidor de mapas (MapServer, GeoServer, etc), integra orixes de datos externas open data ou crea mapas personalizados para obter versións impresas ou visualízaos mediante visores web.

Sácalle partido aos teus datos xeográficos de forma rápida e eficiente.

Algúns exemplos

Buscador e visor de toponimia de Galicia

Portal GIS do Solo Empresarial de Galicia

Xestión de polígonos empresariais e venta de parcelas industriais

Xeovisor das infraestruturas culturais de Galicia

Desourb

Plataforma para o cálculo e análise de indicadores territoriais da Eurorexión