Servizos Somos especialistas en...

Este servizo axúdate a: 
Crear mapas e cartografía
Despregar IDEs e GIS
Organizar os teus datos en xeodatabases
Publicar xeoportais de servizos, patrimonio, turismo...
Xeorreferenciar a túa información

Consultoría GIS

O equipo de Sixtema conta con gran experiencia nas tecnoloxías GIS para axudarche a profundizar nos coñecementos destes sistemas e a implantalos na túa Organización.

Axudámosche a que coñezas as necesidades da aplicación das novas alternativas tecnolóxicas para satisfacer os problemas e retos que afronta a túa Organización diariamente. Que información podemos explotar cun GIS? Que estratexias e ferramentas empregar para xeolocalizar e xestionar os nosos datos? Que solucións son as máis eficaces para organizar o noso entorno GIS? 

Colaboramos contigo aportando a nosa experiencia e a nosa capacidade, ofrecemos servizos de migración baseados en metodoloxías e experiencias que facilitan o cambio e informamos sobre as vantaxes e inconvenientes.

Algúns exemplos

Curso básico de Sistemas de Información Xeográfica

Proporciona os coñecementos para o inicio da actividade profesional con GIS

Curso avanzado de Sistemas de Información Xeográfica

Orientado a participantes con coñecementos previos en GIS

Xestor de Cartografía Municipal

Xestor GIS para a publicación online de cartografía dos concellos

Web de avistamentos, presenza e abundancia de aves nidificantes

Buscador e visor de toponimia de Galicia

Curso de GIS especializado

Orientado á análise de técnicas para a resolución de problemáticas concretas