Servizos Somos especialistas en...

Este servizo axúdate a: 
Crear mapas e cartografía
Recoller nova información xeográfica sobre o terreo
Xeorreferenciar a túa información

Captura e inventariado de datos xeográficos

Aplicamos a nosa experiencia na captura e actualización de información en campo, recollendo, clasificando e xeorreferenciando elementos, rutas e áreas, mediante o uso de tecnoloxías GPS e GIS.

O traballo de campo permite a creación de inventarios masivos de elementos xeorreferenciados como primeiro paso para a xeración de nova cartografía, actualización ou depuración da xa existente, ou para unha posterior implantación de ferramentas de xestión.

Algúns exemplos

Etapas, distancias e recursos xeolocalizados dos Camiños de Santiago

Xeovisor de recursos patrimoniais e turísticos de Arousa Norte

Xeorreferenciación e visor de recursos do Concello de Corcubión