Aviso legal

CONDICIÓNS DE USO

O uso do sitio www.sixtema.es réxese polas normas establecidas no presente aviso legal. Coa súa utilización, vostede acepta as condicións de uso.

www.sixtema.es e todo o seu material pertencen á compañía mercantil SOLUCIONES Y PROYECTOS DE INFORMACIÓN, S.L. inscrita no Rexistro Mercantil de A Coruña, Tomo 2.953, Sección Xeral, Folio 23, Folla C-35473, Inscrición 1ª, con domicilio social en Fontiñas (Santiago de Compostela) no Edif. Area Central, 1ª planta, L 25-J, C.I.F.: B15986771, e dirección de correo electrónico de contacto:

O sitio www.sixtema.es ou calquera parte do mesmo, non se poderá reproducir, duplicar, copiar, vender, revender nin explotar para calquera fin comercial ou de outro tipo que non estea expresamente permitido pola nosa compañía.

A modificación dos materiais ou o uso dos mesmos para outro fin constitúen unha violación do Copyright e doutros dereitos de marca rexistrada.

RESPONSABILIDADE LIMITADA

Baixo ningunha circunstancia SOLUCIONES Y PROYECTOS DE INFORMACIÓN, S.L. será responsable ante terceiros por calquera dano directo ou indirecto, económico, perda de clientela ou perda de ganancias, resultado do uso de www.sixtema.es

ENLACES CON OUTROS SITIOS WEB

Os enlaces a sitios web de terceiros son facilitados para maior comodidade dos nosos usuarios. SOLUCIONES Y PROYECTOS DE INFORMACIÓN, S.L. só controla e é responsable do sitio www.sixtema.es. SOLUCIONES Y PROYECTOS DE INFORMACIÓN, S.L. resérvase o dereito a eliminar calquera enlace ou programa de enlace en calquera momento.

MARCAS

A marca SIXTEMA pertence a SOLUCIONES Y PROYECTOS DE INFORMACIÓN, S.L. e non pode utilizarse en ningún tipo de anuncio ou material publicitario relativos á distribución de calquera información ou produtos informáticos referenciados neste sitio Web sen o previo consentimento por escrito de SOLUCIONES Y PROYECTOS DE INFORMACIÓN, S.L.

EXACTITUDE E ACTUALIZACIÓN

SOLUCIONES Y PROYECTOS DE INFORMACIÓN, S.L. non pode controlar o emprego que o usuario da á información e polo tanto, non será responsable de ningún tipo de danos ou prexuízos, xa sexan directos ou indirectos, que poidan derivar do emprego de dita información.

LEIS APLICABLES

O presente Aviso Legal réxese pola Lei Española.